miércoles, 3 de febrero de 2010

FIN: UN CONTO CELTA

Y para finalizar un cuento celta......Lo escribé en mi otra lengua materna, el gallego.Podemos sacar cada uno múltiples moralejas del mismo...ya que en ocasiones la historia parece que se repite y en vez de dirigirnos hacia el progreso nos anclamos persistentemente en la estupidez humana...sobretodo en periodos de crisis, de inseguridad y de peligro.....




María Soliño foi unha mártir da historia galega que hoxe en día constitúe o máis claro punto do feminismo histórico de Galiza. María Soliño naceu en Cangas do Morrazo no ano 1601, casando logo co importante mariñeiro Pedro Barba, o que a posicionou nun importante lugar na sociedade da vila. Cando no 1617 os piratas turcos saquean a vila, María Soliña convértese na herdeira de todos os bens do seu home, que morrera loitando contra os invasores.

Estes bens consistían nunha casa de pedra, unhas leiras, unha dorna e os dereitos de presentación na Igrexa de San Cibrán de Aldán e na Colexiata de Cangas. Estos dereitos consisten na posibilidade de decidir quen é o titular destas construcións e percibir parte das ganancias das mesmas. Pois ben, os nobres, que pretendían manter o empurre económico do que disfrutaban anteriormente á invasión, confabularon coa Inquisición até deseñar un plan para evitar a crise económica da vila.

Este novo plan consistía en xulgar a certo número de mulleres viúvas con posesións a través do proceso inquisitorial por bruxería. Conta a lenda que María xa tiña certa fama porque acostumaba pasear polos areais de Cangas á tardiña, xa que toleara de dor pola morte da súa familia a mans berberiscas. Para evitar sospeitas e que fosen acusados de fraude, a Inquisición tamén xulgou a pobres ou arruinados para demostrar a súa boa fe.

Cóntase que María Soliño entrou na cadea xa en avanzada idade, onde a torturaron e a masacraron até obligarlle a confesar que mantiña pactos co demo dende facía vinte anos. Tras esta confesión, afírmase que a condearon a morte. Actualmente pénsase máis ben que María morreu na cadea, preto do ano 1680, a consecuencia das tremendas dores ás que foi sometida.




http://www.youtube.com/watch?v=gKFa9zTRVZ4&feature=fvw

1 comentario:

  1. http://www.youtube.com/watch?v=uJ1ynTMUj0c&feature=related

    ....un exemplo do mundo celta: fusion galiza-francia para tocar a muñeira do meu pobo....

    ResponderEliminar